Do 25 ao 30 de abril de 2022

Semana de Acción Mundial pola Educación
Participa na Semana de Acción Mundial pola Educación!
#MilMillónsdeVoces

Logo #MilMillonsDeVoces

#MilMillónsdeVoces

A pandemia puxo de manifesto o valor insustituible do profesorado na sociedade, pero tamén as difíciles condicións de traballo que padecen. Os e as docentes, cunha ampla maioría de mulleres, estiveron na primeira liña para garantir a continuidade da aprendizaxe cando as escolas estaban pechadas e para proporcionar apoio socioemocional ao seu alumnado, especialmente ao máis vulnerable.

A sobrecarga de traballo, o estrés acumulado, o estado psicolóxico ou a falta de apoio ao profesorado son algunhas das causas que poden producir unha gran desmotivación, baixas por enfermidade, absentismo e un baixo rendemento laboral. É fundamental cuidar a saúde mental do profesorado, xa que esta predice o benestar emocional e o compromiso do alumando e tradúcese en calidade educativa.

Este ano ALZAMOS A VOZ POLO PROFESORADO!

IntroduciónPodcastPosicionamento políticoManifesto

Acto de Pamplona, 2021

Acto de Tudela, 2021

Unidades didácticas 2022

Poñemos a disposición dos centros educativos materiais didácticos para sensibilizar e concienciar á comunidade educativa sobre a importancia de garantir o dereito á educación e a súa adecuada financiación, este ano, traballandoo a través dos Medios de Comunicación.

Unidades didácticas 2021

Xornalistas por un día

As voces do profesorado

Neste curso, queremos por o foco na figura docente e reivindicar a importancia do seu papel para o cumprimento do dereito á educación de calidade para todos e todas. O profesorado é o eixo vertebral e insustituible no proceso de aprendizaxe.
Queremos escoitar as súas voces, as súas motivacións e retos, como foi este periodo para eles e elas, impartindo a ensinanza no contexto de emerxencia que supoxo a pandemia.
Queremos que sexan os propios nenos, nenas e adolescentes quen ponga en valor o traballo dos seus docentes, e que participen de maneira activa reivindicando o seu estatus, necesidades e papel excepcional que desempeñaron non só nos últimos meses, senón tendo unha mirada máis ampla no seu rol fundamental de conseguir facer realidade o dereito á educación de calidade para todos e todas.

Por ilo, en liña coa proposta das Unidades Didácticas da SAME 2022, desenvolvimos unha dinámica complementaria orientada aos cursos de 3º a 6º de primaria e toda a ESO para que o alumnado coñeza de primeira mán datos importantes sobre os seus docentes e visibilicese o importante labor que desenvolven mediante entrevistas ao profesorado. Le máis e encontra a descrición co link do formulario no seguinte enlace:

Xornalistas por un díaPlantillas

O venres 29 de abril animamosvos a sumarvos á acción en redes que consiste en compartir nun tweet ou nunha historia de Instagram unha aprendizaxe que vos trasmitirá algún docente ao longo das vosa vidad e que deixara pegada en vós. Comparte co hasta #EnsinouMeA. Atoparedes máis información nas redes sociais da campaña a partir do 4 de abril.

#EnsinouMeA

Mobilízate e Alza a voz

#MilMillónsdeVoces anima á mobilización a través dunha acción global para abordar a crise educativa máis urxente de todos os tempos. En España, é unha oportunidade para que a comunidade educativa e a cidadanía únanse e reivindiquen unha adecuada financiación da educación

A actividade está pensada para realizarense tras traballala na aula, ou noutros espazos educacivos non formales, as propostas educativas presentadas na unidade didáctica.

Manifesto

Que é a SAME?

Unha semana onde os máis de 124 países que traballamos por garantir o dereito á educación, mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, dos medios de comunicación, da sociedade en xeral e especialmente, dos representantes políticos sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todos e todas no mundo, enmarcado na Axenda 2030 ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade. Este ano, baixo o lema “Mil Millóns de voces” a #SAME2022 abordará o papel clave do profesorado nestes momento de crise. Este ano traballaremos a través dos Medios de Comunicación para alzar a voz polo profesorado.

Que é a Campaña Mundial pola Educación?

Somos unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso sinal que nos mobilizamos para reclamar o cumprimento integro dos compromisos internacionais asinados polos Estados para garantir o acceso a unha educación de calidade para todas as persoa do mundo.

A Campaña Mundial pola Educación (CME) nace no ano 2000 co obxectivo de sensibilizar e mobilizar á cidadanía como portavoces e activistas do Dereito á Educación e incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos co dereito á educación.

Podes acceder aquí ao noso posicionamento político!

Imagen de Entreculturas